A nosa alumna Mencía foi gañadora do "III Certame literario en Galego", organizado pola Casa de Galicia en Ponferrada. Deixámosvos o relato de Mencía, non sen antes felicitar a nosa alumna, e animarvos a todos vós a escribir en Galego, Castelán ou Inglés!! Por que non??
CELTIA E A SÚA AVOA ANTÍA
Érase unha vez, unha nena chamada Celtia. Celtia e a súa avoa Antía estaban a facer o Camiño de Santiago, porque fixeran unha promesa:
A promesa era que se a avoa se curaba, farían o Camiño de Santiago.
Cando chegaron a Galicia chovía moito, polo que Celtia levaba un chubasqueiro con carapucha de cor vermella e a avoa levaba outro chubasqueiro de cor azul polas mangas, e a carapucha de cor branca. Cada unha, levaba colgada do pescozo, unha cuncha branca.
Na mochila, Antía levaba unha empanada de polbo e unha botella de viño. E Celtia, na súa mochila, levaba unha bica e unha botella de auga.
Camiñaron durante todo o día, cando foron a parar a un albergue. O albergue era un hórreo de pedra!!!! Os donos do hórreo eran tres irmáns trillizos moi amables coa xente. Pola noite, fixeron unha festa xa que había moitos peregrinos!!!!!!
Cando chegou o momento da festa, comezaron a tocar a gaita e o acordeón. E así Celtia e Antía, conseguiron facer o Camiño de Santiago.
FIN