Non podemos negar a irmandade que temos cos nosos veciños de Galicia, compartindo costumes e tradicións. No Bierzo, empregamos moitas palabras parecidas ou iguais ó Galego ata tal punto de existir publicacións resaltando a existencia dun vocabulario do Bierzo.
Escribimos estas palabras en Galego homenaxeando a cultura xeral que temos no noso país e animando á xente a que se atreva a falar na lingua dos seus antepasados. Son moitos os habitantes de Ponferrada e arredores que teñen antecedentes galegos nas súas familias. A lingua debe de ser entendida como un elemento de comunicación, unión e agarimo entre as persoas, tendo a liberdade de usala nas relacións sociais ou noutros ámbitos sen ningún prexuízo. Se deixamos de falar as linguas minoritarias corren o perigo de desaparecer e con elas unha parte de nós e da nosa identidade.
Preguntábanos Almudena nesta viaxe que por qué todos los letreros y señales están en gallego, a resposta foi curta: porque estamos en Galicia.
Hai varias décadas moita xente de Galicia asentouse no noso barrio de Cuatrovientos, na cidade de Ponferrada. Hoxe en día, moitos son avós ou bisavós de moitos dos nosos alumnos/as, iste detalle das nosas raíces non o deberíamos de esquecer xamáis. A cercanía entre pobos e cultura é unha evidencia, estamos moi preto uns dos outros e esto significa riqueza polas influencias que nos damos mutuamente.
Como proposta de mellora cremos que o Galego debería continuar ofertándose nos IES de referencia dos Centros de Primaria, xa que en ocasións esto non sucede, polo que se interrompe a aprendizaxe do Galego nos anos da Educación Primaria.
Polo tanto, solicitamos ós IES achegados ás Escolas que teñan en conta o esforzo do alumnado, profesorado e familias para que o proceso de ensino-aprendizaxe do Galego sexa cada vez máis eficiente e non se suspenda. Non podemos caer na desidia. Asimesmo, solicitamos tanto á Junta de Castilla y León como á Xunta de Galicia maiores esforzos na conservación da lingua galega nas zoas limítrofes con Galicia.